Sunday 12 de May de 2024

Unha escultura fendida lembra ás vítimas da violencia de xénero na Praza do Concello


 

Despois da serie de accións encamiñadas a celebrar ao longo desta semana en Riveira o Día Internacional da Eliminación da Violencia ás Mulleres (un curso de autodefensa, un obradoiro de rap, teatro educativo, colocación de lazos morados en escaparates de negocios e en instalacións oficiais, etc…) hoxe chegamos á xornada central con dúas actividades conmemorativas.

A primeira delas acaba de ter lugar esta mañá na praza do Concello co descubrimento dunha escultura fendida en memoria das vítimas da violencia machista: un acto promovido pola asociación Mulleres en Acción que reuniu a decenas de persoas, entre elas o alcalde Manuel Ruiz e á concelleira de Servizos Sociais Esther Patiño.

Ademais do citado descubrimento da figura (que permanecerá na praza ata o vindeiro 25-N) e a lectura dun manifesto por parte dunha representante deste colectivo feminista, o evento incluíu unha pegada de mans pintadas en cor vermella, tantas como vítimas de violencia de xénero houbo este ano, e unha performance. Así mesmo, o alcalde dirixiu unhas palabras aos asistentes desexando que algún día a sociedade non teña que conmemorar xa este día porque todas as barreiras, maltratos e desigualdades foron superadas.